Esta semana recibimos unha alumna da Kaufmännische Berufsbildende Schulen (Alemania) para realizar un mes do seu período de prácticas en Santiago de Compostela. Sandrine Trautmann vén a través do proxecto Erasmus+ KBS in Europe.
A empresa que a vai acoller é COINTEGA situada no Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela.
Nestas imaxes pódese ver a Sandrine no IES San Clemente.
Nesta outra imaxe, vese a Sandrine no seu posto de traballo en COINTEGA.
Máis información sobre a FCT:
Proxecto eTwinning AtlânticoVET