V Concurso de felicitacións de aninovo
- O IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca o V Concurso de felicitacións de aninovo .
- Poderán participar os alumnos e alumnas do centro nas distintas modalidades (ESO a distancia, Bacharelato a distancia e Ciclos Formativos).
- Tema: “O aninovo”.
- As postais realizaranse sobre cartolina branca tamaño A5. O deseño será libre e deberá incluír algún desexo ou mensaxe orixinal para o ano 2015 en lingua galega (evitar os típicos “Feliz Aninovo”, “Bo 2015″, etc). A técnica empregada será libre (cor, branco e negro, collage, ceras…).
- Os traballos tamén poderán ser presentados en formato dixital BMP ou PNG, con resolución 300dpi e tamaño A5 (1754x2480px) enviándoos a edlg@iessanclemente.net xunto cos datos persoais.
- Se se presentan en papel, deben remitirse por correo ordinario ou poderán entregarse na conserxaría do instituto. No sobre será imprescindible indicar o nome, apelidos e curso do participante. Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos.
- O prazo de admisión das postais rematará o 9 de decembro ás 23:59 horas.
- Haberá un primeiro premio por valor de 100 €, un segundo por valor de 75 € e un terceiro por valor de 50 €, todos eles en material escolar ou informático. Non se poderán declarar desertos. Os traballos premiados publicaranse na web do instituto.
- O Instituto San Clemente realizará unha exposición con todos os traballos presentados a concurso e poderá utilizar a postal do 1º premio para enviar como felicitación aos distintos membros da comunidade educativa e externos ao centro.
- O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo do ensino e poderá incluír membros externos ao centro.
- O veredicto do xurado, que será inapelable, darase a coñecer na segunda semana de decembro.
- A participación no Concurso supón a aceptación destas bases.