Dia Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Nin que dicir ten que o día 25 de Novembro, Día Internacional da eliminación da Violencia contra das mulleres, ten unha orixe e, como non, unha razón. Dígoo por aquilo de que, ás veces, hai que escoitar que “si xa está ben, que si outra vez , que qué pesadas estas feministas….” e para clarexar todo isto diremos o seguinte:
O por que é debido a que
– A violencia contra as mulleres é unha Violación contra dos Dereitos Humanos
– A violencia contra as mulleres é consecuencia da discriminación que sofren, tanto nas leis como na práctica, e a persistencia das desigualdades por razón de xénero, por ser mulleres….
– A violencia contra das mulleres afecta e impide o avance en moitas áreas, incluídas, a erradicación da pobreza, a loita contra o VIH/SIDA e a paz e a seguridade.
– A Violencia contra das mulleres e nenas pódese evitar. A prevención é posíbel e esencial.
– A Violencia contra das mulleres segue sendo unha Pandemia Global. Até un 70% das mulleres sofren violencia na súa vida.
A data do 25 de noviembre elixiuse para conmemorar ás irmás Mirabal, tres activistas políticas que foron brutalmente asasinadas en 1960 por orden do gobernante dominicano Rafael Trujillo (1930-1961)

Por haber hai motivos máis que suficintes, engadídelle que as mulleres somos o 53% da poboación mundial, que as fillas e fillas desas mulleres están a ser , tamén , maltratadas e maltratados e que terán secuelas toda a súa vida, e, para rematar, aínda que non nos guste moito….Feitos e Cifras:
* Ata un 70% das mulleres sofren violencia ao longo da súa vida
* Entre 500.000 e 2 millóns de persoas, calcúlase que son vitimas, cada ano, de trata, o que as leva á prostitución, a facer traballos forzados , á escravitude ou á servidume. As mulleres e as nenas representan o 80% desas vitimas.
* Calcúlase que máis de 130 millóns de mulleres e nenas que viven hoxe en día foron sometidas á mutilación/ ablación xenital feminina, sobre todo en África e nalgúns países de Oriente medio….
Que máis datos queremos???? Cómo podemos falar de Democracias, de Deeitos humanos, nun mundo que permite estes datos ???
Polo menos un día ao ano recordemos, reflexionemos e teñamos en conta que un mundo que non cuida aos seus compoñentes non pode ser catalogado de demócrata, progresista, desenvolvido, culto….Ogallá que non tiveramos que conmemorar ningún día internacional deste e outros tipos…eu non creo que o vexa…a ver se vos, co traballo que estamos a facer, o conseguides.
Guillermina dominguez Touriño. Datos recollidos da páxina da ONU mulleres (http://www.un.org/es/events/endviolenceday/)