Remate

Remate de ano, que non de curso, e tampouco da Desigualdade, da violencia  e do machismo imperante no mundo , chamado, desenvolvido, porque no outro, no chamado subdesenvolvido, nin se propón facelo desaoarecer. Máis polo feito de que teñamos a intención no noso mundo, non podemos darnos por satisfeitas e satisfeitos, neste ano que remata temos cifras e datos escalofriantes de violencia machista e de violencia doméstica, xa que abrangue á infancia, desprotexida totalmente das consecuencias de tal lacra. Non vou poñer os datos, nin quero limitarme a poñer cifras , senón rostros, situacións reais e actitudes deleznables que non teñen nada que ver coa mensaxe de humanidade e solidariedade, fraternidade e amor que se tenta enviar nestas datas “entrañables”, familiares¿¿??…

A Verdade é moito máis cruel, Salarios sexistas, feminismo mal interpretado e menosprezado, Feminismo, e como consecuencia desigualdade, aumento da violencia , prepotencia , todo aderezado e ben adobado por unha crise non só económica, senón , cultural, ética, de valores, en definitiva e de dereitos inalienables das persoas, que é o que somos todas e todos, cidadás , teóricamente libres e independentes….polo menos iso tentamos conseguir.

Cómputo Violencia 2014

Total que o que nos depara o futuro é seguir traballando, EDUCANDO, na convivencia, na IGUALDADE, na sororidade, non podemos pensar que estamos a vivir na etapa máis próspera da Historia con situacións comop as que estamos a vivir de xeito cotiá. BASTA XA!!!!

Ese debe ser o nos lema , ningunha transixencia coa violencia machista, nin chistes, nin bromas nin nada que pareza que non fai dano, pero si o fai, certo que o fai, a Violencia machista non comeza polo físico, comeza moito antes….que te pós, por que vas??? a onde vas??? con quen vas???, non sabes facer nada….non sirves para nada, non te consinto que…..non te permito….. Alarmas todas elas que lonxe de telas en conta , ás veces, a maioría, considéranse ao revés, e que me quere moito, e que está moi preocupado sempre por min

En definitiva…. a seguir traballando, sempre cara adiante e conto con vos para felo….Feliz Ano 2015…ogallá non tiveramos que conmemorar ningún oito de Marzo máis, ningún 25 de Novembro máis….Saúdos a todas e todos….non os olvidedes…conto con VOS….

Grazas