O IES San Clemente iniciou a súa participación no Plan Proxecta Salvavidas co relatorio da doutora Eva Sanmartín Martiñán, Intensivista do Complexo Hospitalario de Pontevedra e Coordinadora de transplantes e dona Dolores Casais Otero, transplantada de fígado.


Por unha parte mostraron aos asistentes os beneficios na calidade de vida das persoas transplantadas.
Tamén nos fixeron reflexionar sobre varias cuestións en relación á autorización para doar órganos de familiares falecidos. Recomendáronos falar sobre este tema en casa para saber cal é o desexo de cada persoa e respectalo no caso de vernos nesa situación.