Tal e como nos explicou a doutora Eva Sanmartín, é moi importante manifestar en vida o noso desexo de doar os órganos para, chegado o momento, axudar aos nosos familiares a tomar esa decisión.
Por iso convidámosvos a solicitar o carné de doador. Este documento non obriga a nada, nin vamos recibir ningún tipo de comunicación, petición, etc. Simplemente é unha maneira de dicirlle aos familiares que queremos doar os nosos órganos.
Podedes solicitalo cubrindo este formulario online ou os trípticos do recibidor do IES.
Lembrade: a familia sempre ten a última palabra.
Máis info:
FAQ sobre doazón de órganos – Taboleiro do departamento de orientación