O ex alumnado de SMR ordinario ou distancia que tivesen finalizado o ciclo no último ano escolar, teñen a oportunidade de realizar unhas prácticas na empresa Teleperformance de Lisboa cunha bolsa Erasmus+ de 1 300 euros.
Duración proposta das prácticas: seis semanas (dúas con Bolsa Erasmus+ e catro con bolsa cero).
Período:
- Entre o 1 de maio e o 26 de xuño, para os titulados en xuño de 2014.
- Entre o 1 de maio e o 11 de decembro, para os titulados en decembro de 2014.
Para solicitar a praza tedes que escribir a erasmus@
Tamén podedes realizar outro tipo de proposta: outra empresa, menor duración (quedando en lista de agarda), etc.
Selección: atenderase aos criterios de selección publicados, aínda que terá prioridade o alumnado que non tivese feito a FCT no estranxeiro.
É posible que o seguro laboral corra por conta do participante.