O ex alumnado de ciclos superiores (ordinario, modular ou distancia) que tivese finalizado o ciclo no último ano escolar, teñen a oportunidade de realizar unhas prácticas extracurriculares no estranxeiro cunha bolsa Erasmus+ de 900 euros.
Número de prazas: 1
Duración das prácticas: 11 semanas
Empresa: Calquera compañía europea coa que o/a solicitante teña chegado a un acordo. O IES ofrece dúas posibilidades para alumnado de ASIR: Teleperformance en Lisboa e Instituto Español Cañada Blanch en Londres.
Importante: É posible que o seguro laboral corra por conta do participante.
Período:
- Entre o 10 de abril e o 26 de xuño, para os titulados en xuño de 2014.
- Entre o 10 de abril e o 11 de decembro, para os titulados despois de xuño de 2014.
Para solicitar a praza tedes que escribir a erasmus@
Selección: atenderase aos criterios de selección publicados, aínda que terá prioridade o alumnado que non tivese feito a FCT no estranxeiro.