Probas para a obtención do título de graduado en ESO

O día 29 de maio e o 9 de setembro, terán lugar as probas para a obtención de
Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para maiores de dezaoito
anos.

O chamamento para o acceso aos espazos de realización da proba farase
entre as 8.30 e as 9.00 horas.

A sesión da mañá terá dúas partes: na primeira, das 9.30 ás 12.00 horas,
realizarase a proba do ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das
materias de Matemáticas, Ciencias da Natureza, Bioloxía e Xeoloxía, Física e
Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural
recollidos no currículo de Educación Física.

Na segunda parte, das 12.15 ás 13.15 horas, realizarase a proba do ámbito
social, que inclúe exercicios das materias de Ciencias Sociais, Xeografía e
Historia, Educación para a cidadanía e aspectos perceptivos correspondentes ás
materias de Educación Plástica e Visual, e Música.

Na sesión da tarde, das 16.00 ás 19.00 horas, realizarase a proba do
ámbito da comunicación. Comprenderá os exercicios de: Lingua Galega e
Literatura,Lingua Castelá e Literatura e Lingua estranxeira (Inglés ou Francés).