Durante o presente ano escolar, no IES San Clemente realizáronse os seguintes proxectos europeos:
Mobilidades para a realización de prácticas no estranxeiro:
- Ciclo Medio: 5 mobilidades a Lisboa (1 bolsa LdV, 1 bolsa Erasmus+, 3 autofinanciación).
- Ciclos Superiores: 11 mobilidades a Dublín, Londres, Praga e Malta. (6 bolsas MECD, 5 bolsas Erasmus+)
- Por primeira vez, enviamos un alumno a realizar prácticas extra curriculares (non se trata da FCT).
- Se o MECD continúa a adxudicar bolsas directamente ao alumnado solicitante como neste ano, en setembro poderemos cambiar os criterios de selección para as bolsas Erasmus+ de Ciclo Superior, de forma que o alumnado poida solicitalas en calquera momento mesmo para realizar prácticas non curriculares, asignándose por orde de solicitude.
Bolsas concedidas pola Administración para o próximo ano escolar:
- Ciclo Medio: 5 Erasmus+ para prácticas en Portugal + 1 bolsa para dúas semanas de estudos.
- Ciclos Superiores: 5 Erasmus+
- Ciclos Superiores: 19 bolsas MECD pendentes de confirmación.
Incoming mobilities:
- Catro alumnos do colexio INETE de Lisboa, de Óptica Ocular e Mecatrónica.
- Dúas alumnas do KBS de Nordhorn (Alemaña), de Auxiliar Administrativo.
Job shadowing:
- Unha mobilidade saínte do profesor Carlos Carrión ao Trinity College de Dublín.
Proxectos eTwinning:
- 10 profesores e profesoras, xunto con 2 auxiliares de conversa e o alumnado de SMR e doutros ciclos con FCT no estranxeiro, participamos nun total de 5 proxectos eTwinning: Pek, a Pulga Viaxeira Flea #4, Christmas Cards Exchange, Letras Galegas 2015 – Rosalía de Castro, AtlânticoVET e FCT Santiago de Compostela-Lisboa.
- Durante este ano, recibimos Selos de Calidade Nacionais e Europeos por proxectos desenvolvidos no ano pasado: Pek, a Pulga Viaxeira S&V, FCT Santiago de Compostela-Lisboa e ZonaVET 0+1.