Como última actividade dentro do Plan Proxecta San Clemente Salvavidas, convidámosmos a inscribirvos no rexistro de doadores de medula ósea.
Podedes consultar información sobre a doazón de medula neste díptico e na web da Fundación Josep Carreras.
O procedemento para realizar esta acción solidaria é o seguinte:
- Descargar e ler o consentimento informado. Cubrir o formulario de inscrición (páxinas 5 e 6 do documento).
- Acudir ao Centro de Transfusións de Galicia para entregar o formulario e extraer unha mostra de sangue. É preciso ir acompañado dunha persoa que faga de testemuña.