Desde hoxe 15 de setembro abrese o prazo de matrícula para a ESA a distancia.
Requirimentos
Os requisitos para cursar a Educación Secundaria de Adultos no nivel II son:
- Según cuatrimestre:
- Primer cuatrimestre:Ter 18 anos a día 31 de Decembro.
- Segundo cuatrimestre:Ter 18 anos a día 30 de Abril.
Tamén poderá matricularse na educación secundaria de persoa adultas quen cumpra algún dos seguintes requisitos:
- Ser maior de dezaseis anos e ter un contrato laboral que impida acudir os centros educativos en réxime ordinario.
- Ser deportista de alto rendemento.
- Ter cursado ensinanzas de persoas adultas en anos anteriores.
- Ter estado matriculado en anos anteriores nun programa de cualificación profesional inicial (PCPI)
Táboa de equivalencias entre EXB, ESO e Educación Secundaria para Adultos
Sistema educativo Lei 1970 | Educación Secundaria Obrigatoria | Educación secundaria para persoas adultas |
7º da Educación Xeral Básica | 1º da Educación Secundaria Obrigatoria | Módulo I, Nivel II |
8º de Educación Xeral Básica e título de graduado escolar ou certificado de escolaridade | Segundo curso da Educación Secundaria Obrigatoria | Módulo II, Nivel II |
Primeiro curso de Bacharelato Unificado e Polivalente con dúas materias pendentes, como máximo, ou primeiro curso de Formación Profesional de Primeiro Grao | Terceiro curso da Educación Secundaria Obrigatoria | Módulo III, Nivel II |
Segundo curso de Bacharelato Unificado e Polivalente ou segundo curso de Formación Profesional de Primeiro Grao e título de técnico auxiliar | Cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria. Título de graduado en Educación Secundaria | Módulo IV, Nivel II. Título de graduado en Educación Secundaria |
Matrícula
O prazo de matrícula é, para o primeiro cuadrimestre, desde o 15 de setembro ata o 15 de xaneiro de 2016; e desde o 3 de febreiro ata o 15 de maio de 2016, para o segundo cuadrimestre.
- Para o alumnado que, por motivos laborais, necesite xustificación de estar cursando ensinanzas básicas para persoas adultas con posterioridade á data de matrícula establecida, o centro educativo poderá realizar a reserva de matrícula ata a apertura no novo prazo no curso seguinte.
- Para o alumnado de nova incorporación que non acredite estudos, na primeira semana de outubro e na segunda semana de febreiro realizaranse baixo a supervisión da Inspección Educativa as probas de avaliación inicial.
- O alumnado deberá posuír o material didáctico específico destas ensinanzas recomendado polo centro e aqueles que non o posúan deberán comprometerse á súa adquisición.
- O alumnado de educación secundaria a distancia poderá matricularse de ata un máximo de catro módulos encadrados nos ámbitos de coñecemento e será requisito indispensable, dentro de cada ámbito, obter avaliación positiva do módulo anterior para poder ser avaliado/a do seguinte.
- O alumnado matriculado en educación a distancia será considerado para todos os efectos alumnado oficial do centro, polo que terá dereito á utilización dos seus servizos e das súas instalacións.