Consonte o Plan de modernizacion e internacionalizacion do centro, o IES San Clemente oferta prazas para realizar a FCT no estranxeiro durante a primavera de 2016, subvencionadas polo programa Erasmus+.
O reparto de prazas e os destinos habituais son:
- Cinco prazas (que serán ampliadas) para o ciclo medio: Empresas de Lisboa ou outras cidades de Portugal.
- Catro prazas para ASIR e DAM: calquera destino (Lisboa, Dublín, Berlín, Londres, etc).
O alumnado de 2º ano en réxime ordinario que estea interesado, debe solicitar formar parte do proceso de selección e participar nas actividades de formación lingüística e cultural en orixe, desde novembro até febreiro (20 horas).
No caso de non obter bolsa Erasmus+, tamén é posible solicitar realizar a FCT no estranxeiro con financiamento propio e coa axuda da Consellaría de Educación.
O alumnado que teña unha bolsa do MECD asignada (chamadas erasmus.es), non teñen que cubrir esta solicitude.
Despois de enviar este formulario online, debe enviar o DNI escaneado e unha foto tipo CV por email ao enderezo erasmus@iessanclemente.net
Data límite: 25 de outubro de 2015.
Poden consultar calquera dúbida por email: erasmus@iessanclemente.net
Nota: O alumnado de ciclos a distancia e modular terá unha convocatoria no mes de xaneiro, para realizaren a FCT en outono de 2016.