“Sabíades que 3 de cada 10 Mulleres, maiores de 16 anos, somos Vítimas dalgún tipo de Violencia Machista?
Amosa o teu Rexeitamento á Violencia Machista”
Falar de Violencia machista, moitas veces, parece que estamos a falar do final da mesma, é dicir, da física, que é tremenda,claro que sí, pero a preparación para este remate é moito máis dolorosa e deixa marcas de por vida, se sobrevives…..Refírome á violencia psicolóxica, verbal, de imaxes, laboral….á que asistimos de forma cotiá e moi sutilmente , á que temos que afrontar desde a conciencia de que polo feito de ser mulleres temos que “soportar”, á que tan acostumada está a nosa sociedade, e que polo feito de estalo, apenas nos damos de conta, agás que teñamos unha conciencia feminista determinada e sexamos conscentes de que moitas das actitudes coas que nos atopamos a diario corresponden a una sociedade que ten asumido o patriarcalismo como tal e que non é capaz de percibir desde a educación dxs máis pequenxs o que está a inculcar como “normal”, como o natural e non ten nada destas dúas características.
Calquera tipo de violencia ten o seu punto de arranque na Educación, na casa, na rúa, a cívica e , como non, na Escola….A colación disto, acabamos de ter uns atentados terroristas que tiveron nas RRSS unha clara resposta e moitas alusións á Educación…..pero esta non é só a que podamos impartir nas escolas e nos IES, é moi importante que parta da casa, das actitudes de nais e pais na casa, da sociedade en xeral, que non sexa permisiva e tolerante con ningún tipo de maltrato, de ningunha agresión .
Vivimos nunha sociedade que acorda da Educación en momentos moi críticos e apela a ela como algo que só nos compete ao profesorado, cando non só non pode ser unha apelación e un coidado puntual e , moito menos, unha cuestión só dxs docentes….é unha cuestión cotiá e de todas as persoas que pensen e pretendan unha sociedade máis xusta, equitativa e, por que non, pacífica. Unha sociedade que, tolera e acepta o patriarcado e as actitudes machistas de xeito cotiá, e non por “maldade” si por “consuetudine”…a costume, é así….non hai nada que facer….os homes..xa se sabe….
Unha das “violencias machistas” que máis me preocupan, pasan polas propias mulleres, pola súa educación, porque non son educadas para SER, por riba de todo, aínda hai moita “princesa” , hai datos escalofriantes na adolescencia e xuventude actual, feminina, consintindo, permitindo, que as “controlen”, as “humillen” e, sobre todo, moita crítica insolidaria, nunca, xamáis deberíamos criticar a unha muller polo feito de selo….por como vai vestida, por como actúa, por como fala….son estereotipos que calan tan fondo que non percibimos o dano que fan….SORORIDADE, precísase moita….
Por todo iso, polas mulleres, polas fillas e fillos damnificadxs por esa violencia, amosemos o noso rexeitamento e , simbólicamente, dediquemos un día ao ano a recordalo, a reivindicar eses valores que temos que inculcar, preservar e fomentar a diario.
Guillermina