Ultreia Lgtbi. Campaña Loita contra do SIDA

12341643_720999258001260_2303975334576988027_nO martes 1 de decembro é o Día Mundial da loita contra o VIH/SIDA e Ultreia LGTBI, en colaboración con outras asociacións, establecementos e entidades públicas, queremos convidarvos a unha serie de actividades.

Ás 12:15 hs da mañán, despregarase na Praza do Obradoiro un gran lazo vermello en homenaxe ás persoas que conviven co VIH e coa SIDA.

Ás 19:00 hs, na Biblioteca Municipal Ánxel Casal e organizado pola asociación ME.I.GA (Medicina Intercambios de Galicia), participaremos no vídeo-forum “Maricas, putas e ionquis: 33 anos de serofobia”.

A partir do martes 1 de decembro, e conforme aos seus horarios comerciais, fárase entrega de preservativos, lazos vermellos e folletos informativos nos seguintes establecementos da cidade:
– La Reina de Saba
– Libraría Lila de Lilith
– Club Deportivo Avalon Kai
– Pub Tarasca
– Hervor & Fervor Bar
– Pub O Curruncho
– A Medusa Pub
– O Boneco Bar
– Forum Lounge Club
– Pub Bloom

Ademáis, desde o día 1 ata o 8 de decembro, as Torres Hedjuk iluminaranse en vermello, cor que mostra o apoio á loita contra a SIDA e a solidariedade coas vítimas de enfermidade e portadores do VIH.
O Pazo de Raxoi tamén se iluminará de vermello o martes 1 de decembro a partir das 21:00 hs.

A partir do 1 de decembro, repartiranse carpetas na USC como parte da campaña de prevención do VIH e outras ITS organizada pola Concellereía de Servizos Sociais e Ultreia LGTBI.

Estades de sobra convidadxs a participar en todos estes actos, pero lembrade: #NONSENCONDÓN