A Consellería de Educación publicou a orde do 23 de decembro de 2015, pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profesionais.
- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 11 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2016.
- A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion (activa a partir do 11 de xaneiro)
- A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento.PARA MÁIS INFORMACIÓN ACCEDE AOS SEGUINTES ENLACES: