Reunión cos técnicos da Consellaría de Medio Ambiente

voo americano.

No día 12/01/16 tivemos unha reunión cos técnicos da Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio responsables do programa Paisaxe e Sustentabilidade.

Dixéronnos que están moi interesados na temática do noso proxecto “dúas illas” (impulsado polo EDLG) e faláronnos de recursos que temos ao noso dispor, como por exemplo mapas antigos e actuais. Na imaxe podemos ver o mapa da Illa de Arousa do voo americano de 1957.

Aínda que faltan aspectos por concretar, a idea base é que o alumnado de Linguaxes de Marcas de 1ºDAM actúe como se traballasen nunha empresa e lles asignasen a tarefa de creación de páxinas web que mostren imaxes e información das illas de Arousa e Chrysí.

Deste xeito, temos un traballo real para desenvolver, en vez dun simple exercicio de clase. Os alumnos saben que o seu traballo vai ter unha repercusión importante xa que hai varias entidades (Consellaría de Medio Ambiente, Consellaría de Educación, Concellos da Illa de Arousa e de Ierápetra, Ministerios de Educación español e grego, Universidade Autónoma de Madrid) xunto coa prensa, á espera do resultado.

Temos prevista a visita á Consellaría de Medio Ambiente para que os nosos alumnos poidan ver in situ o procesamento de datos con aplicacións de propósito específico, actividade que esperamos que sexa do seu agrado e sirva de motivación como futuros programadores.