Ábrese un prazo extraordinario para que o alumnado de ciclos superiores poida solicitar unha bolsa Erasmus+ para realizar a FCT no estranxeiro. Actualmente dispomos de tres bolsas sen asignar.
Pódense consultar os importes, destinos habituais e outra información na FAQ.
Selección: as bolsas concédense por orde de solicitude, excepto o caso previsto no apartado de “exclusión” dos criterios de selección.
Para solicitar a praza tedes que escribir a erasmus@iessanclemente.net indicando os vosos datos persoais e o destino desexado. Achegade foto e DNI escaneados.