Entrevista no concello da Illa de Arousa

Concello Illa de ArousaO día 15 de xaneiro tivemos unha entrevista coa concelleira de Medio Ambiente da Illa de Arousa, Gaby Hundelshausen, na que falamos do proxecto “dúas illas”.

Mostrouse moi interesada no desenvolvemento do proxecto colaborativo, no que participan o CEIP de Sestelo-Baión, o instituto de FP de Ierápetra (Grecia) e o IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Un dos resultados do proxecto vai ser unha exposición artística dentro da comunidade enREDadas, co patrocinio da Comisión Nacional Española de cooperación coa UNESCO:

  • Nos meses de maio e xuño, no IES San Clemente.
  • No mes de xullo, no auditorio municipal da Illa de Arousa.

As obras estarán á venda a beneficio dunha ONG dedicada á xustiza social (lema de enREDadas 2016) ou á caridade.