Probas libres de obtención do título de bacharelato para maiores de 20 anos en Galicia 2016

 

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca a Proba para a obtención do Título de Bacharel para maiores de vinte anos no ano 2016, nas modalidades de Ciencias e Tecnoloxía e Humanidades e Ciencias Sociais.
REQUISITOS DOS ASPIRANTES:

  1. a) Ser maior de 20 anos ou facer esa idade no ano 2016.
  2. b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
    c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes (presencial, semipresencial ou telemática) nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2015/16.


PRAZO E LUGAR DE INSCRICIÓN:

O prazo para realizar a inscrición nestas probas será entre o 18 de febreiro e o 3 de marzo de 2016.

As solicitudes deberán presentarse por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou en soporte papel según o formulario oficial (anexo I), nos seguintes centros:

  1. a) Centro EPA Eduardo Pondal, rúa Pepín Rivero 3, 15003 A Coruña.
    b) IES San Clemente, rúa San Clemente s/n, 15705 Santiago de Compostela.
    c) Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa s/n, 27003 Lugo.
    d) Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor 4, 32002 Ourense.
    e) Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires 26, 36002 Pontevedra.
    f) Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra 8-1º, 36202 Vigo

DOCUMENTACIÓN PARA INSCRICIÓN:

  • Formulario de solicitude: http://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/anexo_i_pl_bach_2016_gl.pdf
  • DNI ou equivalente.
  • Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da Xunta de Galicia ou non se autorice a súa consulta.
  • Acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro no caso de solicitar a exención das materias de Lingua galega e literatura I e II. d) Se procede, certificacións académicas ou copia compulsada do libro de escolaridade e/ou historial académico, onde se acredite ter superado materias para validar algún exercicio.


DATA DAS PROBAS:

As probas terán lugar o día 22 de abril de 2016 no IES SAN CLEMENTE  de Santiago de Compostela.
MÁIS INFORMACIÓN:

 

http://www.edu.xunta.es/portal/node/1238