Na semana de exames de marzo de 2016, realizamos unha proba modelo de nivel B1 do CAPLE a 45 alumnos e alumnas de módulos bilingües en portugués (SOR de SMR e FH de ASIR).
Pasaron o exame 41 (91%), desde aquí os nosos parabéns e o noso convite a realizar os exames oficiais en maio. Moitos deles estarán facendo a FCT en Lisboa e o Porto. O resto pode examinarse no Instituto Camões de Vigo, onde hai un límite de 15 prazas.
Outra alternativa é examinarse na EOI de Compostela.
Ademais, os alumnos de 1SMR fixeron dous tests de comprensión oral e escrita de nivel A2 que serviron de avaliación inicial.
O noso agradecemento aos profesores Dolores Díaz, Antom Labranha e Ana G. Novoa, que colaboraron na realización destas probas modelo.