O alumnado e profesorado do módulo bilingüe en portugués Fundamentos de Hardware, de 1ºASIR, desprazáronse á escola Carlos Amarante de Braga para realizar unha serie de actividades colaborativas cos seus socios do proxecto eTwinning GaliMinho.
Deseñaron e realizaron varias tarefas prácticas relacionadas con hardware, redes e sistemas operativos, e tamén participaron nunha aula de Portugués moi dinámica.
Podedes ver máis información, con fotos e un vídeo no TwinSpace do proxecto.