As seccións bilingües e a implantación do portugués no ensino regrado galego

FonterosaCompartimos convosco a primeira parte da presentación do traballo de fin de máster de Daniel Álvarez Fonterosa, que contou coa colaboración do profesorado das seccións bilingües en portugués do IES San Clemente.

Trátase dun pequeno pero interesante traballo de investigación que dá pé a facer un estudo máis amplo sobre a comparación de seccións bilingües, as oportunidades da aprendizaxe do Portugués para o alumnado, a lentitude na aplicación da “lei para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía”, a non existencia de prazas de profesorado de Portugués no ensino secundario, etc.

TFM de Daniel Fonterosa – Portugués no Ensino