- Actualizado a 19.03.25
O programa europeo Erasmus+ financia a realización de prácticas (FCT, extra curriculares e de recentemente titulados) e estudos (só para SMR) no estranxeiro.
Requisitos básicos para gozar dunha bolsa Erasmus+
- Manter unha actitude positiva coa filosofía de internacionalización do centro e un comportamento correcto co profesorado e co resto do alumnado.
- Acreditar un coñecemento da lingua do país de destino ou do inglés suficiente para poder comunicarse na empresa ou institución de acollida, e un nivel de coñecementos técnicos suficiente para poder realizar as tarefas que se lle asignen.
Prioridades para a asignación de bolsas Erasmus+
1º – Alumnado que realice a FCT.
2º – Prácticas extra curriculares.
3º – Prácticas de estudante recentemente titulado (un ano de prazo desde a titulación).
Selección de participantes
Se, tras aplicar os criterios anteriores, fose necesario realizar selección, asignarase unha puntuación máxima de 10 a cada participante en base ao seguinte:
- Expediente académico: 3 puntos.
- Competencia lingüística (no idioma oficial ou de traballo do país de destino) : 3 puntos
- Certificado A1: 0,5 puntos
- Certificado A2: 1 punto
- Certificado B1: 1,5 puntos
- Certificado B2: 2 puntos
- Certificado C1: 2,5 puntos
- Certificado C2: 3 puntos
- Valoración do equipo educativo (actitude, motivación, expectativas, traballo en equipo): 2 puntos.
- Non ter gozado previamente dunha bolsa Erasmus+: 2 puntos
Máis información sobre Erasmus+
Preguntas frecuentes