Ábrese un prazo extraordinario para que o alumnado de ciclos superiores poida solicitar unha bolsa Erasmus+ para realizar a FCT no estranxeiro en outono de 2016.
Pódense consultar os importes, destinos habituais e outra información na FAQ.
Selección: as bolsas concédense segundo os criterios de selección publicados. O SEPIE aínda no comunicou o número de bolsas adxudicadas ao IES San Clemente.
Para solicitar a praza tedes que escribir a erasmus@iessanclemente.net indicando:
- Os vosos datos persoais, o destino desexado e o tipo de tarefas mais adecuadas ao voso perfil.
- Achegade foto e DNI escaneados e CV Europass.