Revisións e reclamacións dos exames de bacharelato de setembro

Revisións de exames

As notas correspondentes aos exames de setembro de bacharelato (1º e 2º curso) publicaranse o luns 5 a partires das 15,00h na aula virtual.

As revisións serán no IES San Clemente co seguinte horario:

  • Luns 5, de 16,30h a 19,30h.
  • Martes 6, de 10,00h a 13,00h.

Os alumnos de 2º de bacharelato que, unha vez efectuada a revisión do examen, non estean conformes coa nota obtida, poderán acollerse ao procedemento recollido na circular 2/2016, tal e como se indica a continuación.

Reclamacións de 2º de bacharelato

Circular 2/2016 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, na que se establece o procedemento que compre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, establece para as reclamacións de 2º de bacharelato o seguinte procedemento:

1. O alumnado que non estea conforme coas explicacións obtidas da revisión do seu exame ante o profesorado, poderá presentar instancia dirixida á dirección, solicitando que o Departamento da materia correspondente revise a súa cualificación. O prazo para a presentación da instancia remata o día 6 de setembro ás 14:00 horas. A instancia pódese descargar AQUÍ ou solicitala na oficina do centro.

2. O alumnado que solicite que o Departamento revise a súa cualificación deberá ter o seu móbil operativo de 14:00 a 15:00 horas do martes 6 de setembro para recibir a chamada da directora notificándolle a resolución do Departamento correspondente.

3. A directora, na súa chamada, informaralle ao alumnado afectado que se non está conforme coa resolución do Departamento, poderá presentar reclamación ante a Comisión de supervisión ata as 13:00 horas do día 7 de setembro. A instancia pódese descargar AQUÍ ou solicitala na oficina do centro.

Nota importante: non se terán en conta aquelas instancias que non estean baseadas nos criterios establecidos na circular arriba indicada. Como por exemplo… só me queda unha materia, por favor apróbeme…!

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2016