Segunda convocatoria FCT no estranxeiro e prácticas extra curriculares (2016-2017)

Ábrese un prazo extraordinario para que o alumnado de todos os ciclos poida solicitar unha bolsa Erasmus+ para realizar a FCT no estranxeiro no ano escolar 2016-2017.

Tamén pode optar a unha bolsa Erasmus+, para realizar prácticas extra curriculares:

  • O alumnado de 1º, para realizar prácticas no verán.
  • O alumnado recén titulado, para realizar prácticas antes de cumprir un ano desde a titulación, en calquera trimestre.

Pódense consultar os importes, destinos habituais e outra información na FAQ.

Selección: as bolsas concédense por orde de solicitude, excepto o caso previsto no apartado de “exclusión” dos criterios de selección.

Para solicitar a praza tedes que escribir a erasmus@iessanclemente.net indicando os vosos datos persoais e o destino desexado. Achegade foto e DNI escaneados.