Premios Nacionais de Bacharelato 2016

Convócanse premios nacionais de Bacharelato para quen tivesen un rendemento académico excelente.

 DESTINATARIOS/AS:

 Alumnado que cursara segundo de Bacharelato durante o curso académico 2015-2016 e obtivese un Premio Extraordinario de Bacharelato.

REQUISITOS:

  • Ter cursado primeiro e segundo de Bacharelato en calquera dos centros docentes españois, ben en réxime presencial, ben en réxime a distancia.
  • Ter obtido no conxunto dos dous cursos de Bacharelato unha nota media igual ou superior a 8,75 puntos. A nota media será a media aritmética das cualificacións das materias comúns, de modalidade e optativas dos dous cursos de Bacharelato, redondeada á centésima máis próxima e no caso de equidistancia á superior.

DOTACIÓN: 15 premios de 1.000 Euros.

PRAZO DE PRESENTACIÓN:

  • Desde o 28 de outubro de 2016
  • Ata o 21 de novembro de 2016

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:  Oficinas de rexistro e presentación online.

DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS:

Quen desexe optar ao premio, deberá realizar unha proba o 24 de xaneiro de 2017, cos seguintes exercicios:

  1. Lingua Castelá e Literatura.
  2. Historia.
  3. Materia de modalidade (a elixir na inscrición).

Ligazón á páxina do Ministerio de Educaciónhttp://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/998209/bachillerato/998209-bachillerato-2016.html#ds