VII Concurso de felicitacións de Aninovo

VII Concurso de felicitacións de Aninovo

  1. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca o VII Concurso de felicitacións de Aninovo .
  2. Poderán participar os alumnos e alumnas do centro nas distintas modalidades (ESO a distancia, Bacharelato a distancia e Ciclos Formativos).
  3. Tema: “O Aninovo”.
  4. As postais realizaranse sobre cartolina branca tamaño A5. O deseño será libre e deberá incluír algún desexo ou mensaxe orixinal para o ano 2017 en lingua galega (evitar os típicos “Feliz Aninovo”, “Bo 2017”, etc). A técnica empregada será libre (cor, branco e negro, collage, ceras, edición dixital, etc).
  5. Os traballos deben ser escaneados e presentados en formato PNG, con resolución 300dpi e tamaño A5 (1754x2480px) enviándoos a edlg@iessanclemente.net xunto cos datos persoais.
  6. Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos.
  7. O prazo de admisión das postais rematará o 8 de decembro ás 23:59 horas. Ampliación do prazo: día 19 ás 12:00.
  8. Haberá un primeiro premio por valor de 100 €, un segundo por valor de 75 € e un terceiro por valor de 50 €, todos eles en material escolar, informático ou libros. Non se poderán declarar desertos. Os traballos premiados publicaranse na web do instituto.
  9. O Instituto San Clemente realizará unha exposición con todos os traballos presentados a concurso e poderá utilizar a postal do 1º premio para enviar como felicitación aos distintos membros da comunidade educativa e externos ao centro.
  10. O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo do ensino e poderá incluír membros externos ao centro.
  11. O veredicto do xurado, que será inapelable, darase a coñecer antes das vacacións de Nadal.
  12. A participación no concurso supón a aceptación destas bases.