O alumno Milan Cornado Rodríguez de 2º do CS Administración de Sistemas Informáticos acadou a medalla de ouro na proba Administración de Sistemas en Rede no IV Campionato Galego de Formación Profesional – GaliciaSkills 2016. O resultado final da proba foi:
Participante | Centro | Titor |
Milan Cornado Rodríguez – Primeiro premio | IES San Clemente | Bruno Vila Vilariño |
Eloy Figueiras González – Segundo premio | IES Isidro Parga Pondal | Diego Terrón del Valle |
Jorge Enrique Acosta López | IES A Pinguela | Javier Rodríguez Lorenzo |
Xabier Conde Acevedo | CIFP A Carballeira | Julio Mosquera González |
Como gañador, Milan representará a Galicia no campionato nacional de Formación Profesional SpainSkills que se celebrarán en Madrid do 27 de febreiro ao 4 de marzo de 2017.
Galería coas fotos da visita que realizaron os compañeiros de Milan, acompañados polo profesor Manuel Vieites, o xoves 1 de decembro a Silleda para seguir as competicións do GaliciaSkills que se desenvolveron no pavillón 2 da Feira Internacional de Galicia.
A proba desenvolveuse baixo a supervisión do profesor do IES San Clemente Víctor M. Martínez Taboada que quere agradecer a colaboración da empresas patrocinadoras para que esta proba saíra adiante: