O feito de que se produza preto de nos, tristemente, fainos máis sensibles, máis conscientes, dunha realidade cotiá para moitas mulleres, para moitas familias , para moitxs orfxs que quedan tras un asasinato machista. O nivel de conciencia que deberíamos ter cotianamente, ás veces, só o temos cando a realidade danos unha bofetada directa, cando é a amiga, a noiva ou a filla ou a veciña….estamos a ver a diario (47-50-60, cada ano….)un problema tan grave e non valoramos a situación se non a temos preto de nos…..Moi triste….sei que traballar desde o “feminismo”, tan denostado termo, tan difícil de facelo entender, non é doado, seino en carne propia, pero sempre estou aberta a seguir traballando desde el, sempre aberta a explicar, comprender as limitacións sociais e educativas de cada quen, pero chegado este momento, tan directo, tan cercano, heme imposible non soltar un berro , pedindo que non se quede nun minuto de silencio a vida segada e truncada dunha muller de 25 anos, con toda unha experiencia por vivir, con todas as ilusións por levar a cabo, e, probablemente, con moito que lle aportar á humanidade que tiña ao rredor de sí….Traballemos de xeito cotiá desde as nosas vidas, desde as nosas aulas , que temos unha grande responsabilidade co alumnado, por moi maiores de idade que sexan, legalmente, ou parezan, non consintamos situacións cotiás de verbas, diso que chaman”piropos” de tantas e tantas actitudes que , apenas, percibimos , ou miramos para outro lado…..Hoxe foi Ana María, máis dúas mulleres en 48 horas….isto non remata nunca….temos a obriga moral de detelo, de educar para iso en tantas e tantas actitudes cotiás que vemos e non freamos….Triste día, triste noite….Desde este obradoiro, humilde reflexión de todo o que acontece ás mulleres polo simple feito de selo….o noso máis sentido dor á súa familia, aos amigos e amigas que a botarán en falta , o nos máis sentido homenaxe a unha das moitas que puideron chegar a ser….e non as deixaron…..
Boas noites. Guillermina D.T.