Durante o curso escolar 2015/16, impartíronse no noso centro as seguintes seccións bilingües en inglés:
- “Desenvolvemento Web Contorno Servidor” (Ciclo Superior de DAW Modular)
- “Linguaxes de Marcas e Sistemas de Xestión da Información” (Ciclo Superior de DAM en réxime Ordinario)
- “Seguridade e Alta Dispoñibilidade” (Ciclo Superior de ASIR en réxime Ordinario)
- “Programación Multimedia e Dispositivos Móbiles” (Ciclo Superior DAM Ordinario)
Os módulos indicados foron impartidos usando a lingua inglesa, así como a galega ou castelá.
Tivemos a sorte de poder contar coa colaboración dunha auxiliar de conversa dos Estados Unidos, que fomentou o uso de inglés entre o alumnado e nos estivo asesorando en todo momento.
O balance é moi positivo, xa que o alumnado mellorou na utilización do inglés, tanto a nivel oral como escrito, así como no seu ámbito profesional. Estes resultados son froito do traballo do profesorado dos módulos, en colaboración coa auxiliar de conversa, e do esforzo do alumnado.
Algúns alumnos realizaron con éxito a Formación en Centros de Traballo en Reino Unido e Irlanda, para o que tiveron que integrarse nunha empresa do país de destino e desenvolverse utilizando o inglés.
Tamén queremos salientar a obtención de certificados oficiais de nivel de inglés correspondentes a “Cambridge English Language Assesment” e á “Escola Oficial de Idiomas” por parte de alumnado das seccións bilingües.