Na semana de exames de decembro de 2016, realizamos unha proba modelo de nivel B1 do CAPLE, da Universidade de Lisboa, a 40 alumnos e alumnas de módulos bilingües en portugués (SOR de SMR e FH de ASIR).
Pasaron o exame 38 (95%), desde aquí os nosos parabéns e o noso convite a realizar os seguintes exames en marzo e os oficiais en maio.
Decidimos realizar directamente o exame B1 (en vez do A2 habitual) porque este é o noso obxectivo final e queriamos comprobar se os alumnos xa estaban preparados para aprobar antes de marzo. O resultado foi un éxito.
Ademais, os alumnos de 1SMR fixeron dous tests de comprensión oral e escrita de nivel A2 que serviron de avaliación inicial.
O noso agradecemento aos profesores Dolores Díaz, Anxo Rajó, Alonso Beltrán e Ana G. Novoa, que colaboraron na realización destas probas modelo.