1. Párate e pensa como che foi ata agora. É importante analizar un por un tódolos módulos; ver o que fixeches ben e onde necesitas mellorar.
2. Se aprobaches, non te confíes; seguro que podes mellorar moito máis. Si realmente che gusta o que fas, tense que notar. Os que che rodean teñen que darse conta de que “controlas”, de que xa case es un/unha especialista na materia. Para iso, tes que “empaparte” de todo o relacionado co ciclo que estudas.
3. Se non aprobaches tódolos módulos, reflexiona sobre o porqué. Fala cos teus profesores; é importante que perciban a túa preocupación e tamén o teu interese sincero por mellorar.
4. Non deixes as tarefas para máis adiante. Dá pasos concretos cada día. Non estaría mal que, si coñeces o tema, te anticiparas ás explicacións do profesor buscando e ampliando a información pola túa conta.
5. Organízate e planifica as túas tarefas. Podes facer a tempo todo o traballo do instituto, sen abandonar outras actividades que ves realizando: traballo, deporte, saír con amigos/as…
6. Aproveita o tempo de clase. Permanece atento/a, colabora co grupo… Ten en conta que para o teu profesor iso tamén se valora. Ademais será un esforzo que tes adiantado para cando teñas que facer un traballo ou preparar un exame desa materia.
7. Interacciona coa xente mais motivada. Si estás en contacto con xente motivada e traballadora, ti mesmo/a estarás máis predisposto/a e motivado/a.
8. Apóiate nos teus compañeiros e compañeiras; ás veces podes aforrarte traballo compartindo apuntes, resumos ou traballos. Pero ollo, trátase dunha colaboración mutua; ti tamén tes que aportar.
9. Prioriza! Identifica os temas, apartados e traballos aos que máis relevancia da cada profesor, e comeza por eles ou adícalles máis tempo.
10. E sobre todo: ten en conta que ti mesmo/a es o/a máis interesado/a e o/a máximo/a responsable do teu éxito ou fracaso no ciclo. Seguramente terás familiares e amigos que che animen e aconsellen, pero ao final eres ti o/a que decide sobre o teu futuro profesional.
SORTE!!