XXX Concurso Literario

B A S E S

1. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente convoca o XXX Concurso Literario.
2. Poderán participar os alumnos e alumnas do centro nas distintas modalidades (ESO a distancia, Bacharelato a distancia e Ciclos Formativos).
3. Establécense dúas modalidades: relato e poesía. Cada participante poderá entregar un traballo en cada modalidade. Estes deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre e escritos en galego na normativa vixente.
4. A extensión máxima do relato é de 5 páxinas e a mínima de media páxina, escritos a dobre espazo en letra Arial 12. Na modalidade de poesía, a extensión é libre.
5. Os traballos deberán enviarse por correo electrónico a edlg@iessanclemente.net indicando o título e datos persoais do/da participante.
6. O prazo máximo para a entrega dos traballos é o 8 de maio de 2017 ás 23:59 horas.
7. Haberá un primeiro premio de 100€, e un segundo de 75€ en cada modalidade. Os premios poderán quedar desertos a criterio do xurado. Os textos premiados publicaranse en xuño, en Rumbo.
8. O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo do ensino e da literatura e poderá incluír membros externos ao centro.
9. O veredicto do xurado, que será inapelable, darase a coñecer na semana do Día das Letras Galegas.
10. A participación no concurso supón a aceptación destas bases.