O alumnado e profesorado do módulo bilingüe en portugués Fundamentos de Hardware, de 1ºASIR, desprazáronse á escola ETAP de Viana do Castelo para realizar unha serie de actividades colaborativas como colofón do proxecto eTwinning “Um parafuso a menos”.
A principal actividade foi unha xincana por toda a vila. Tamén asistiron a conferencias e unha mostra de ensino profesional.
Podedes ver máis información e fotos no TwinSpace do proxecto.