• ?
  • Rexistro

Cualificacións da proba libre da ESA

Na seguinte ligazón publicaranse o vindeiro xoves 15 de xuño as cualificacións da proba libre da ESA celebrada no IES San Clemente o pasado día 2 de xuño de 2017.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1238

Contra estas cualificacións poderase presentar reclamación por escrito dirixida á Presidencia do tribunal no propio IES San Clemente dende o mesmo día da publicación ata as 14:00h do mércores 21 de xuño, segundo o seguinte modelo.

Reclamación-Proba-Libre-ESA

Estas reclamacións deben explicar o motivo e estarán debidamente asinadas polo interesado ou interesada.

O venres 23 de xuño publicaranse as cualificacións definitivas.