Todo o alumnado de FP debe realizar a preinscrición do 26 de xuño ao 4 de xullo de 2017.
Toda a información sobre o proceso de admisión a ciclos podédela atopar na web da Xunta: www.edu.xunta.es/fp/informacion-xeral
O alumnado que precise orientación, poderá concertar cita coa orientadora do centro no seguinte horario:
- Días 27, 28 e 29 de xuño, de 11,30h a 13,30h.
- Días 4 e 5 de xullo, de 11,30h a 13,30h.