Durante o curso escolar 2016/17, impartíronse no noso centro as seguintes seccións bilingües en inglés:
- “Linguaxes de Marcas e Sistemas de Xestión da Información” (Ciclo Superior de DAM en réxime Ordinario)
- “Seguridade e Alta Dispoñibilidade” (Ciclo Superior de ASIR en réxime Ordinario)
- “Programación Multimedia e Dispositivos Móbiles” (Ciclo Superior DAM Ordinario)
- “Acceso a Datos” (Ciclo Superior de DAM Ordinario)
Os módulos indicados foron impartidos usando a lingua inglesa, así como a galega ou castelá.
Algunhas das actividades levadas a cabo polas seccións bilingües de inglés foron:
- Práctica de conversa, para o cal tivemos a sorte de poder contar coa colaboración dunha auxiliar de conversa dos Estados Unidos, con experiencia en traballar con alumnado deste nivel e moitos recursos para que todos nos animemos a falar en inglés.
- Realizouse un exame de nivel para que os alumnos se animasen a presentarse para a obtención dunha certificación oficial. Presentáronse 30 alumnos, dos cales 4 obtiveron o nivel C1, 8 o nivel B2 e 15 nivel B1.
- Axudóuselle ós alumnos interesados na preparación dos exames para a obtención dunha certificación oficial.
- Utilización do inglés nas seccións bilingües, para o que axudou en todo momento o asesoramento da auxiliar de conversa e a súa colaboración na preparación de material en inglés.
- Colaboración en proxectos europeos nos que se usou o inglés.
- Algúns alumnos realizaron con éxito a Formación en Centros de Traballo en Reino Unido e Irlanda, para o que tiveron que integrarse nunha empresa do país de destino e desenvolverse utilizando o inglés.