Consonte o Plan de modernizacion e internacionalizacion do centro, o IES San Clemente oferta prazas para realizar a FCT no estranxeiro durante a primavera de 2018, subvencionadas polo programa Erasmus+.
O reparto de prazas e os destinos habituais son:
- Once prazas para o ciclo medio: Empresas de Lisboa, o Porto, Covilhã, Faro ou outras cidades de Portugal.
- Oito prazas para ciclos superiores: calquera destino (Lisboa, Dublín, Londres, Turín, etc).
O alumnado de 2º ano en réxime ordinario que estea interesado, debe solicitar formar parte do proceso de selección e participar nas actividades de formación lingüística e cultural en orixe, desde novembro até febreiro (20 horas).
Tamén pode concorrer o alumnado doutros ciclos en situación de realizar a FCT na 2ª ou na 3ª avaliación.
No caso de non obter bolsa Erasmus+, tamén é posible solicitar realizar a FCT no estranxeiro con financiamento propio e coa axuda da Consellaría de Educación.
Despois de enviar este formulario online, debe enviar o DNI escaneado e unha foto tipo CV por email ao enderezo erasmus@iessanclemente.net
Data límite: 22 de outubro de 2017.
Poden consultar calquera dúbida por email: erasmus@iessanclemente.net
Nota: O alumnado de ciclos a distancia e modular terá unha convocatoria no mes de xaneiro, para realizaren a FCT en outono de 2018.