Celebración “30 anos de Erasmus”

“30 anos enriquecendo vidas e abrindo mentes” é o lema do 30º aniversario do programa Erasmus.


No Día Europeo das Linguas, 26 de setembro de 2017, o SEPIE celebrou o único acto conmemorativo do 30º aniversario de Erasmus, centrado nas mobilidades de Formación Profesional.

O lugar escollido foi a Cidade da Cultura e en representación do IES San Clemente asistiron o alumno de ASIR Gabriel Pite e o coordinador de proxectos europeos Marcos Vence.

Gabriel foi beneficiario dunha bolsa cero Erasmus+ cando realizou a FCT do ciclo medio SMR, nunha empresa de Lisboa.

 

No acto falaron varias autoridades da Consellaría e do Ministerio de Educación, presentaron varios casos de éxito das competicións Skills, realizáronse tres obradoiros para docentes e outros tres para alumnado, actuou alumnado de conservatorios de danza e música ademais do grupo de percusión Toom Pak.

Destacamos as palabras do Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, agradecendo aos equipos de docentes, dirección e inspección que traballan para facer posibles as mobilidades Erasmus+.

O director do SEPIE, Pablo Martín, sinalou que segundo os datos que manexan a nivel europeo, os participantes de FP arranxan emprego máis rápido e cobran un 25% máis que os que non realizaron prácticas no estranxeiro. 83% declaran que a experiencia fixo que aumentase o seu sentimento de pertenza á Unión Europea.

En canto a España, trátase do terceiro país europeo en envío de alumnado Erasmus+ e o primeiro en recepción. O orzamento que manexa para o 2017 é de 31 millóns de euros.

Máis información sobre o evento:
Galería de imaxes do SEPIE
Website do SEPIE, do 30º aniversario de Erasmus