As conversas entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o EDLG do IES San Clemente, a raíz da lectura da memoria do ano 2016/2017, deron como froito unha colaboración entre a SXPL e a Embaixada eTwinning, cuxas guías foron elaboradas por iniciativa do noso EDLG.
Grazas a esta colaboración reeditamos as dúas publicacións en galego, co selo da Xunta de Galicia, para pór en valor o bo traballo feito polas autoras e autores.
Podedes descargar as novas versións das dúas guías, en galego, nas seguintes ligazóns:
Proxectos eTwinning de FP (3ª edición)
Proxectos eTwinning Galiza-Portugal (2ª edición)
Máis información:
Publicacións da Embaixada eTwinning Galicia