VIII Concurso de felicitacións de Aninovo
- O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca o VII Concurso de felicitacións de Aninovo .
- Poderán participar os alumnos e alumnas do centro nas distintas modalidades (ESA, bacharelato e FP).
- Tema: “O Aninovo”.
- As postais realizaranse sobre cartolina branca tamaño A5. O deseño será libre e deberá incluír algún desexo ou mensaxe orixinal para o ano 2018 en lingua galega (evitar os típicos “Feliz Aninovo”, “Bo 2018”, etc). A técnica empregada será libre (cor, branco e negro, collage, ceras, edición dixital, etc).
- Os traballos deben ser escaneados e presentados en formato PNG, con resolución 300dpi e tamaño A5 (1754x2480px) enviándoos a edlg@iessanclemente.net xunto cos datos persoais.
- Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos.
- O prazo de admisión das postais rematará o 8 de decembro ás 23:59 horas.
- Haberá un primeiro premio por valor de 100 €, un segundo por valor de 75 € e un terceiro por valor de 50 €, todos eles en material escolar, informático ou libros. Non se poderán declarar desertos. Os traballos premiados publicaranse na web do instituto.
- O Instituto San Clemente realizará unha exposición con todos os traballos presentados a concurso e poderá utilizar a postal do 1º premio para enviar como felicitación aos distintos membros da comunidade educativa e externos ao centro.
- O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo do ensino e poderá incluír membros externos ao centro.
- O veredicto do xurado, que será inapelable, darase a coñecer antes das vacacións de Nadal.
- A participación no concurso supón a aceptación destas bases.