Bacharelato a distancia: período extraordinario de matrícula

Rematado o período ordinario de matrícula, a dirección do IES San Clemente poderá autorizar, ata o 30 de abril de 2018, a matriculación dun alumno ou dunha alumna  cando concurra calquera das seguintes circunstancias:

  • Cando se acredite un cambio na situación laboral.
  • En caso de enfermidade prolongada.
  • Por calquera outra circunstancia persoal acreditada

 

O alumnado que desexe matricularse neste prazo extraordinario deberá solicitalo mediante escrito  dirixido á dirección e presentalo no centro persoalmente, mediante fax (881867538) ou correo electrónico (ies.sanclemente@edu.xunta.es). O centro poñerase en contacto por medio do teléfono do solicitante.