No día 23 de xaneiro de 2018 tivemos a sorte de contar coa presenza de Daniel Vieites Varela, ex alumno do IES San Clemente e propietario da empresa vaiabit, e de Enrique Gómez Fernández, técnico de Servizos Xerais da Área de Competitividade do IGAPE.
O programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, denominada Eduemprende Actúa, ten por obxectivo fomentar o espírito emprendedor no sistema educativo. En concreto esta mesa redonda pretende presentar a actividade emprendedora como unha alternativa laboral.
Nesa liña, Daniel contounos como despois de finalizar o ciclo SMR constituíu o seu propio negocio, unha tenda de venda e reparación de equipos informáticos. Explicounos a cara e a cruz da súa aventura empresarial que está a piques de cumprir catro anos.
Pola súa parte, Enrique deunos as claves para entender moitas situacións do mundo laboral que para os asistentes, alumnado de 2SMR e 2DAM, está nun futuro moi próximo. Nas súas palabra, “como gañar as lentellas”.
Agradecemos a presenza de ambos relatores e do alumnado deses dous grupos.