Desde o 2 de febreiro ata o 15 de maio ábrese o prazo de matrícula para o 2º cuadrimestre da ESA a distancia.
Para o alumnado que xa estivera matriculado no 1º cuadrimestre, e teña algún módulo pendente, poderá presentarse á avaliación extraordinaria do 9 de marzo e matricularse entre os días 19 ao 20 dese mesmo mes.
Para os interesados en cursar a Esa que non dispoñan de ningunha titulación, haberá unha proba de nivel o día 9 de febreiro, as 09:30 no centro IES San Clemente.
Requirimentos
Para cursar a Educación Secundaria de Adultos é necesario ser maior de idade ou cumprir os 18 anos antes do 30 de abril do presente ano.
Tamén poderá matricularse na educación secundaria de persoa adultas quen cumpra algún dos seguintes requisitos:
- Ser maior de dezaseis anos e ter un contrato laboral que impida acudir os centros educativos en réxime ordinario.
- Ser deportista de alto rendemento.
- Ter cursado ensinanzas de persoas adultas en anos anteriores.
- Ter estado matriculado en anos anteriores nun programa de cualificación profesional inicial (PCPI)
Táboa de equivalencias entre EXB, ESO e Educación Secundaria para Adultos
Sistema educativo Lei 1970 | Educación Secundaria Obrigatoria | Educación secundaria para persoas adultas |
7º da Educación Xeral Básica | 1º da Educación Secundaria Obrigatoria | Módulo I |
8º de Educación Xeral Básica e título de graduado escolar ou certificado de escolaridade | Segundo curso da Educación Secundaria Obrigatoria | Módulo II |
Primeiro curso de Bacharelato Unificado e Polivalente con dúas materias pendentes, como máximo, ou primeiro curso de Formación Profesional de Primeiro Grao | Terceiro curso da Educación Secundaria Obrigatoria | Módulo III |
Segundo curso de Bacharelato Unificado e Polivalente ou segundo curso de Formación Profesional de Primeiro Grao e título de técnico auxiliar | Cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria. Título de graduado en Educación Secundaria | Módulo IVTítulo de graduado en Educación Secundaria |