O 6 de febreiro celebramos o día internacional da Internet segura, promovido pola Comisión Europea e pola Secretaría de Estado para a Sociedade da Información e Axenda Dixital.
O IES San Clemente colaborou co IES de Poio na creación de catro carteis sobre seguranza en Internet que podedes ver nos corredores do centro:
- Dispositivos móbiles
- Phishing
- Redes sociais
- Protección de datos
Tamén compartimos convosco unha lista de vídeos sobre privacidade e seguranza, creados pola Axencia Española de Protección de Datos e pola Oficina de Seguranza do Internauta.
E para finalizar, esta páxina da Xunta de Galicia sobre Identidade dixital con vídeos explicativos.