Datos que nutren as realidades que vivimos as mulleres no mundo

Estes son algúns dos:*
A ONU estima que 66.000 mulleres son asasinadas anualmente o mundo. En
América Latina, por exemplo, cada día son asasinadas 12 mulleres polo feito
de selo.
– Polo menos 200 millóns de mulleres e nenas sofren mutilación xenital
feminina, segundo Unicef.
Máis de 700 millóns de mulleres contraeron matrimonio antes de cumprir os
18 anos. Unha de cada tres fíxoo antes dos 15 anos.
– Aínda hoxe, 280 millóns de nenas atópanse en risco de casar antes de
cumprir a maioría de idade, conforme aos datos da axencia das Nacións
Unidas especializada na defensa dos dereitos da infancia.
– 225 millóns de mulleres de todo o mundo carecen de acceso a unha adecuada
saúde sexual e reprodutiva e a medidas de planificación familiar, segundo a
Organización Mundial da Saúde (OMS).
120 millóns de nenas de todo o mundo (algo máis dunha de cada 10)
sufriron violencia sexual nalgún momento das súas vidas, de acordo ás
estatísticas de Unicef. Isto provoca, entre outras consecuencias, embarazos
non desexados e mortalidade por abortos inseguros.
Uns 16 millóns de mozas de 15 a19 anos e aproximadamente un millón de
nenas menores de 15 anos dan a luz cada ano, segundo a OMS. A maioría delas
en países empobrecidos.
– A mesma organización sinala que 47.000 mulleres morren ao ano por abortos
inseguros (32% en África e 24% en América Latina).
As mulleres e nenas son o 71% das vítimas de trata, segundo a Oficina da
ONU contra a Droga e o Delito. A maioría delas, para matrimonios forzados e
escravitude sexual.
–  O 70% das persoas pobres no mundo son mulleres. Segundo Nacións Unidas,
as mulleres realizan o 66% do traballo no mundo, producen o 50% dos
alimentos, pero só reciben o 10% dos ingresos e posúen o 1% da propiedade.