A Consellería de Educación publica a RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2018.
REQUISITOS:
Persoas nacionais ou estranxeiras que cumpran como mínimo 16 anos antes de que remate o 2018.
DATAS DAS PROBAS:
- Celga 4: 26 de maio de 2018.
- Celga 2: 27 de maio de 2018.
- Celga 3: 2 de xuño de 2018.
- Celga 1: 3 de xuño de 2018.
(Estas datas poderán mudarse por razóns de forza maior ou para a mellor administración das probas.)
SOLICITUDES E PRAZO:
TAXAS: O importe da taxa para inscribirse nas probas Celga será de 15,93 euros.
- Un mes a contar a partir do 13 de marzo de 2018.
- As solicitudes deberán presentarse por vía electrónica a través do formulario normalizado segundo o modelo ED114A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es).
- Ver instrucións na resolución.
TAXAS: O importe da taxa para inscribirse nas probas Celga será de 15,93 euros.
CARACTERÍSTICAS DOS EXAMES: Ver resolución.
MÁIS INFORMACIÓN:
- RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2018 (procedemento ED114A).
- Cursos preparatorios das probas Celga.
- Portal de Lingua Galega.
- Que son os Celga.