Facemos eco desta proposta para o alumnado interesado en aprender ou perfeccionar o seu portugués.
A Fundação Bienal de Arte de Cerveira está á procura de voluntarios para a XX Bienal Internacional de Arte de Cerveira que desempeñen funcións de acollemento, información e encamiñamento de visitantes e apoio na organización das visitas guiadas.
A organización fornece de forma gratuíta:
- formación (do 6 ao 10 de agosto),
- aloxamento,
- alimentación,
- seguro e
- certificado de participación.
A quenda de traballo é de 5h/día, durante 15 días, entre 10 de agosto e 23 de setembro de 2018.
Requisito: ter entre 18 e 30 anos.
Inscricións: até 30 de xuño de 2018.
Máis información e formulario de inscrición